Blogia
homosapiensapiens

Rede de Minorías Sexuais de Amnistía Internacional

Amnistía Internacional (A.I.) é unha organización de Dereitos Humanos coñecida polo seu traballo en favor da liberación de presos de conciencia[sí, sí!, deses que por pensar se lles mete na cadea ou cousas peores], pola búsqueda de xuizos imparciais [eh? como? pero acaso é posible pensar niso de IM-parciais? E que nestes días mantiven unha entrevista cun representante dunha OCM (Oficina de Consumidores Municipal) que me fai dubidar dese "conceUto"] e contra a tortura e a pena de morte. Resulta que dentro dela xurdiu en Abril de 2001 (lembremos que A.I. xorde en 1961)unha área adicada ás Minorías Sexuais [sí, señor Rouco, que ainda as hai, vostede saberá pourquoi]. A razón é ben sinxela: no ano 2004 seguen sendo miles as personas encadeadas no mundo pola súa orientación ou identidade sexual, e as lesbianas, gais, bisexuais, travestis e transexuais de máis de 70 paises seguen sendo perseguidos e condeados polo feito de sel@. En Euskadi [tan de actualidade ultimamente a raíz da proposta do lehendakari vasco], Arantza Ariznabarreta, membro do grupo de A.I. de Donosti, concedeu unha entrevista á publicación Hegoak, informando de como se está impulsando a Rede en Euskadi e Navarra. Se queredes saber máis ao respecto, podedes consultar Red Minorias Sexuais en Euskadi. [¿Alguén sabe que pasa en Galicia ao respecto? :-)]

1 comentario

Revelde -

Si, en Galiza está Fraga e con iso parece que xa é dabondo.:-(