Blogia
homosapiensapiens

Alejandro Magno

Alejandro Magno Inauguremos unha interesante sección adicada ó apaixonante mundo do celuloide...
Hai menos de quince días puiden degustar do último filme que nos presenta o controvertido e provocador (para algunhas mentes algo enferruxadas, claro) Oliver Stone: Alejandro Magno.
Se non fostes vela, vos recomendo que vos acheguedes a algunha sala a visionala (resulta que pasa por salas comerciais, que raro!) e despois consultedes a crítica que publicou na revista Dirigido, en Decembro pasado, Hilario J. Rodríguez, e que inclúe unha curiosa entrevista feita ó propio Stone, por Gabriel Lerman. Descubriredes, en palabras do propio director, dos problemas que segue tendo a nosa ¿avanzada sociedade", en especial sectores que deberían amosar máis apertura cultural por seren historiadores:(...)Técnicamente es una coproducción franco-británica pero los derechos son alemanes.(...) Isto explica que no haxa censura "ianqui", tan acostumad@s como estamos a iso noutras creacións do outro lado do charco...A verdade é que resulta un auténtico pracer para os sentidos ser espectador deste film que invita á reflexión pre e postvisionad@. A ver se vos axuda un pouco nisto o enlace Crítica e entrevista a Oliver Stone. Xa me contaredes...se vos apetece."

3 comentarios

HomoSapiens -

Gracias a tod@s polos vosos comentarios. Isto anímame a seguir ofrecéndovos un pouquiño do meu mundo mental. A ver se vos gusta. :-)

revelde -

Sen tempo non era que te puxeras a escribir ehhh??. Pois a peli está ben, aínda que eu lle quitaría unha hora e poría un pouco máis de explicitud na parella de la Alejanadra y la Hefestiona. Ala, bicos na crica.

Xosé -

Ola amigo meu... O artigo me gustou. Penso que está francamente ben. Me parecen axeitados os comentarios sobre o Alexandre Magno... Me gusta moito Oliver Stone, é incómodo para unha boa parte dos EE.UU.e penso que o odian bastante dende Platoon... Mesmo para o propio actor Colin Farrell que dixo nun programa feito en Miami, que houbera preferido horas de duro exercio físico que "repugnantes" escenas eróticas... En fin, era un comentario sen máis...
Un saúdo con moito afecto.
Xosé