Blogia
homosapiensapiens

Películas

Verbena Balcánica

O cineasta Emir Kusturica (Sarajevo, 1954) estivo o pasado sábado 15 de Xaneiro en Murcia, rematando unha xira musical coa súa banda de rock balcánico The No Smoking Orchestra [¡que nome tan...tan...], na que el toca a guitarra. Esta é a singular forma que o cineasta elixiu para promocionar o seu último filme, "La vida es un milagro", unha traxicomedia, coproducida por Francia-Serbia-Montenegro do 2004, e que se estrea en España hoxe venres 21 de Xaneiro [en Galicia só se poderá ver en Vigo, A Coruña e Santiago. Coma (case) sempre impera a marxinación noutras localidades, como si non vivisemos ninguén interesad@ n@s estre@s...].
O da banda de Kusturica me chama a atención de entrada polo nome en sí ("A Banda dos Non Fumadores"), e tamén porque, ó parecer, o concerto que deron en Murcia debeu ser realmente "alternativillo". Parten de raíces tradicionais balcánicas [¡que exótico soa, para ser europeo!]:música de fanfarrias (conxuntos musicaisl ruidosos, principalmente a base de instrumentos de metal) e cíngaros (do italiano zingaro,grupo étnico de caracteristicas similares aos xitanos ou valaquios); e a levan hacia o rock. Un punto "gamberro" [sí, sí, xenial!] parece estar nos textos punkis de cancións como Pitbull ou É Romeo un "gilipollas"? [o que daría agora mesmo porque alguén me dixese onde ler estas letras, uhm...]
Continuando coa faceta máis coñecida de Kusturica,"La vida es un milagro" está ambientada na guerra dos Balcáns, e segundo o propio director "o filme é unha terapia. Os psiquiatras din que nas clínicas, cando os doentes escoitan a Mozart mellora a súa depresión. Ante toda ese lixo que enche os cines de acción, estupidez, sinsentidos...Que pode face-la arte? Sanar á xente", asegura el.
Emir Kusturica é un dos escasos cineastas que ten gañado dúas Palmas de Ouro do Festival de Cannes [en verdade un auténtico FESTIVAL de cinema de qualité dende o punto de vista artístico e estético, e non un escaparate de escotes e pseudocreadorciñ@s como pasa nun lugar chamado Hollywood -co cal non acabo de entender a obsesión que teñen certos sectores da sociedade española con que Mar Adentro gañe unha estatuilla; non sería comparable a unha Palma de Ouro nin polo asomo]. As cintas polas que recibiu o galardón, con 10 anos de diferencia, son "Papá de fue en viaje de negocios"(1985) e a polémica "Underground" (1995). Estes traballos o convertiron, segundo algúns crític@s, nun dos cineastas europeos máis orixinais. No novo filme aparecen elementos de pesadelos, @s personaxes se comportan como metáforas e un senso excesivo da vida e, tamén, da posta en escea, todo isto tan presente sempre no cine do bosnio. Parece ser, polo tanto, que estamos nun terreo coñecido, e cabe preguntarse se a proposta ten algo de novidoso con respecto ó xa visto no seu cine. Un crítico comenta hoxe nun xornal que non. [Eu, non volo sei dicir de momento, pero o que está claro é que tan pronto poida a irei ver (e vos incito a vos tamén a facelo)]. Porque cos seus excesos e a sú controlada locura o cine de Kusturica non deixa a ninguén indiferente, que é un dos obxectivos principais de calquer creación. En conclusión, este film non vai decepcionar @s amantes declarad@s do seu cine, pero quen non o sexa [eu inda o teño que descubrir, o admito] deberá gardar respecto del unha prudente, aconsellable distancia [¡glups!...que querrá dicir o crítico con isto?]
Bueno, xa comentei a ver que penso...

Alejandro Magno

Alejandro Magno Inauguremos unha interesante sección adicada ó apaixonante mundo do celuloide...
Hai menos de quince días puiden degustar do último filme que nos presenta o controvertido e provocador (para algunhas mentes algo enferruxadas, claro) Oliver Stone: Alejandro Magno.
Se non fostes vela, vos recomendo que vos acheguedes a algunha sala a visionala (resulta que pasa por salas comerciais, que raro!) e despois consultedes a crítica que publicou na revista Dirigido, en Decembro pasado, Hilario J. Rodríguez, e que inclúe unha curiosa entrevista feita ó propio Stone, por Gabriel Lerman. Descubriredes, en palabras do propio director, dos problemas que segue tendo a nosa ¿avanzada sociedade", en especial sectores que deberían amosar máis apertura cultural por seren historiadores:(...)Técnicamente es una coproducción franco-británica pero los derechos son alemanes.(...) Isto explica que no haxa censura "ianqui", tan acostumad@s como estamos a iso noutras creacións do outro lado do charco...A verdade é que resulta un auténtico pracer para os sentidos ser espectador deste film que invita á reflexión pre e postvisionad@. A ver se vos axuda un pouco nisto o enlace Crítica e entrevista a Oliver Stone. Xa me contaredes...se vos apetece."